O conservatorio de Noia busca novos alumnos

NOIA> O conservatorio de Noia organiza un concerto didáctico para achegar ós escolares do municipio os distintos instrumentos que se imparten no centro. A actuación, que se desenvolverá en 3 sesións, vai dirixida a nenos de a partir de 8 anos que queiran iniciar ensinanzas de música regradas.

Achegar a música ós cativos e dar a coñecer as moitas posibilidades dos distintos instrumentos. Este é o obxectivo do concerto didáctico que impartirán mestres e alumnos do conservatorio de Noia o vindeiro 4 de maio no Coliseo Noela. Celebrarse en tres sesións, dende as 9 da mañá, para chegar a máis de 900 escolares co fin de que algún se anime a iniciar a súa carreira musical no conservatorio noiés.

Na actualidade, o conservatorio de Noia conta con 120 alumnos. O obxectivo é incrementar o número de estudantes ós niveis anteriores á pandemia nos que estudaban neste centro preto de 140 futuros músicos.

A este concerto didáctico, súmase o ciclo musical do conservatorio con concertos a cargo do alumnado cada mes que finalizará a final de curso co xuño musical.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí