O pleno apoia a defensa da área sanitaria do Salnés

    pleno_vilagarcia100_260609.jpgVILAGARCÍA> O debate sobre o Hospital do Salnés chegou onte ó pleno, por medio dunha moción do PSOE en defensa desta área sanitaria.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_vilagarcia_260609.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O debate sobre o Hospital do Salnés chegou onte ó pleno de Vilagarcía, por medio dunha moción do PSOE en defensa desta área sanitaria.

    Tódolos grupos votaron a favor agás o PP, que se abstivo, despois dun acalorado debate. Os populares dixeron que apoian a ampliación do hospital e a maior dotación de servizos, pero o punto da discordia foi o apoio á Área Sanitaria do Salnés, á que o PP presentou unha emenda. Pretendían que en vez de instar a Sanidade a manter a independencia do Hospital do Salnés e non integralo no CHOP, que se instara ó mantemento da autonomía funcional do centro e do incremento da súa capacidade resolutiva.

    No pleno de onte tamén se debateu unha moción do BNG na que pide o desmantelamento dos depósitos de Ferrazo. O PSOE suxeriu encargar un informe técnico e xurídico para ver a viabilidade de extinguir as licenzas outorgadas en 1999. Mentres que Esquerda Unida insistiu na retirada inmediata destes permisos e culpou a PP e PSOE desta circunstancia. A proposta foi aprobada e secundada por todos, menos polo PP, que se abstivo.

    O bipartito conseguiu aprobar tamén o novo convenio de limpeza, pese ás críticas polo servizo. Na sesión de onte, Dolores Cuevas tomou posesión do seu cargo de edil de Esquerda Unida.

    Redacción Salnés