Feijoo apoia ós bateeiros na polémica das novas concesións de bateas

    feijoo_100_copy.jpgVILANOVA > PP e Concello apoian ós bateeiros e mariscadores, no tocante á renovación de concesións que se recollerá na nova lei de Pesca.

    {flowplayer}images/salnes/feijoo.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > PP e Concello de Vilanova manifestaron hoxe o seu apoio ós bateeiros e mariscadores, no tocante á renovación de concesións que se recollerá na nova lei de Pesca. O sector reclama que se lle dea prioridade ós actuais explotadores desas bateas e bancos marisqueiros, pero desde a Consellería de Pesca parece que non se quere contemplar.

    O presidente rexional do PP reuniuse esta mañá no concello de Vilanova co equipo de goberno local. Núñez Feijoo tamén lamentou que se dedique a Lei de Drogas para regular o viño, un sector do que, lembrou, viven 18 mil familias.

    Da reunión co goberno de Vilanova, o presidente do PPdeG tamén incorporou á súa axenda problemas locais como o PXOM. Feijoo esixe que se trate a tódolos concellos por igual e pedirá á Xunta que desbloquee o documento urbanístico de Vilanova. Núñez Feijoo tamén aproveitou para agradecer ós vilanoveses o amplo apoio recibido nas últimas eleccións xerais.

    Redacción Salnés