VILAGARCÍA> Os tripulantes africanos do Bermeotarrak 4 poderán volver ó seu país probablemente esta fin de semana.
{flowplayer}images/salnes/bermeotarrak.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Os tripulantes africanos do Bermeotarrak 4 poderán volver ó seu país probablemente esta fin de semana, despois de cobrar as débedas salariais que ascendían a 18.000 euros. Así o anunciou hoxe a delegada de ITF en España, Luz Baz, na comparecencia que ofreceu no peirao de Ferrazo xunto co presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.
A tripulación do Bermeotarrak 4 celebra esta nova, que vén a marcar o principio do fin dun conflito que dura xa un mes. Solucionado o caso dos africanos, que xa sumaban seis meses a bordo do buque, agora a ITF centra as negociacións para sacar ós tripulantes españois, que levan catro meses enrolados. A marcha dos africanos vén a calmar tamén os ánimos entre a tripulación, moi tensa nos últimos días.
O Bermeotarrak 4 leva xa 10 días atracado no peirao de Ferrazo, en Vilagarcía, grazas á intervención da Capitanía Marítima e da Autoridade Portuaria. O presidente do Porto reiterou hoxe o apoio á tripulación e advertiu que non deixará baixar a mercancía ata que os mariñeiros abandonen o barco.
A situación do Bermeotarrak 4 está a complicar as negociacións da ITF. O barco ten bandeira de Belice inda que o armador é de Bermeo. Isto permítelle ter menos responsabilidades cos traballadores e eludir controis. Tampouco se amosa moi colaborador e, de momento, a solución para a tripulación pasa pola venda da mercancía. A débeda do armador coa tripulación ascende a 170 mil euros.
Redacción Salnés