Javier Guerra anuncia inversións para dinamizar o tecido empresarial da Pobra

    conselleiroeconomiapobra_100_260609.jpgPOBRA> O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo unha xuntanza con representantes do empresariado da Pobra.

    {flowplayer}barbanza/conselleiroeconomiapobra.flv{/flowplayer}

    Á súa chegada ó concello da Pobra, o Conselleiro de Economía foi recibido por parte da corporación local co alcalde, Isaac Maceiras, á cabeza así como unha nutrida representación dos empresarios da zona. Tras asinar no libro de honra e recibir un escudo do concello, Javier Guerra explicou as principais liñas de acción do seu departamento que ó asumir as competencias tanto en economía como en industria permite dotar ás políticas de promoción industiral dos instrumentos financieiros para executalas.

    Reorientación do IGAPE

    Así, un dos seus principais obxectivos é a redefinición do Instituto Galego de Pormoción Económica para adaptalo ás necesidades actuais dos empresarios.

    Dende a Consellería seguirán apostando polo apoio ós emprendedores que impulsen iniciativas novidosas que aporten valor engadido ó mercado actual. No campo das axudas e subvencións tentarase limitar o proceso administrativo. Tamén o pequeno comercio forma parte da axenda da nova Consellería que traballa na creación dunha lei galega de comercio que compatibilice a apertura comunitaria á realidade da estrutra comercial de Galicia.

    Visita á Tomada

    Tralo acto oficial no concello, o Conselleiro tivo ocasión de visitar o polígono industrial da Tomada. Nestas instalacións tamén está prevista unha inversión próxima ós douscentos mil euros para a renovación e soterramento das canalizacións de servizos.

    Esta axuda viría culminar o proceso de ampliación do polígono que se prevé poida iniciarse o próximo ano. As obras permitirán a ampliación de varias empresas xa instaladas no polígono e a implantación de novas iniciativas empresarias, entre elas pequenas naves dedicas a servizos como mecánica ou electricidade que poderán acceder ás parcelas nido de aproximadamente oitocentos metros cadrados.

    Outras axudas

    Javier Guerra anunciou ademias outras axudas que se destinarán á dinamización do comercio pobrés como o acondicionamento e peonalización das rúas Manuel María, Domínguez Fontán e Manuel Hermo, para o que a Consellería asumirá o 70 por cento do total da financiación.

    Tamén se habilitará unha axuda de dez mil euros para actividades relacionadas coa Oficina Municipal de Información ó Consumidor.

    Redacción Barbanza