Unha delegación de 40 profesionais do viño de Portugal visitan Cambados e a Ruta do Viño Rías Baixas

CAMBADOS> Cambados e a ruta do viño rías baixas reciben a visita dunha delegación de 40 profesionais do sector vitivinícola da vilas portuguesas de MelgaÇo e MonÇao. O obxectivo da vista é coñecer como se traballa na ruta do viño rías baixas para potenciar a ruta entre estas dúas vilas portuguesas. Para o Salnés é unha oportunidade para promocionar os seus viños e o seu enoturismo.

A Ruta do Viño Rías Baixas continúa promocionando os viños e as adegas da nosa contorna por todo o mundo. Nesta ocasión, a ruta en colaboración co concello de Cambados recibiron a unha delegación de 40 profesionais do sector vitivinícola das vilas portuguesas de MelgaÇo e MonÇao. Unha oportunidade para unir lazos e potenciar o sector.

Para a ruta do viñó é unha oportunidade de continuar promocionando a súa marca.

En Cambados, a delegación portuguesa visitou as adegas Martín Códax e Lagar de Costa así como diferentes locais hostaleiros como o Parador.

Os visitantes buscaban aprender da ruta do Viño Rías Baixas e potenciar a súa ruta. Dende Portugal destacaron o bo facer de Cambados e a ruta do Viño Rías Baixas.

A visita destas delegacións permite aumentar a venda dos viños no estranxeiro, así como tamén atraer a máis turistas ás nosas comarcas.