A Xunta compromete 22.000 euros para o asilo de Vilagarcía

    asilo_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> A secretaria de Familia e Benestar, Susana López, visitou este mediodía a residencia de maiores Divina Pastora.

    {flowplayer}images/salnes/asilo_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A secretaria de Familia e Benestar, Susana López Abella, visitou este mediodía a residencia de maiores Divina Pastora para comprobar de primeira man o estado no que se atopan as instalacións do centro.

    A residencia sofre unha grande precariedade dende fai anos, algo que se ve agravado debido a que a maior parte dos residentes son grandes dependentes. Ata o de agora o concello e máis a igrexa fanse cargo dos gastos que acarrexa o asilo. Tamén reciben axudas por parte da Deputación, así como por diferentes entidades financeiras, doazóns de particulares e dos propios residentes. A secretaria de Familia e Benestar afirmou que esta situación vai cambiar, dende a Xunta prometen achegar todas as axudas necesarias para mellorar a situación, comezando pola inversión de 22.000 euros.

    López Abella mostrou a súa sorpresa ante os anuncios recentes do anterior executivo para a introdución desta residencia dentro da rede da Sociedade Galega de Servicios Sociais, cando xa dende o mes de xaneiro se sabía que esta era imposible. A secretaria de Familia e Benestar tamén afirmou que se está a traballar para regularizar os pagos a esta residencia que estaban tendo certos retrasos.

    Redacción Salnés