Vilanova, satisfeita co seu centro de Vista Real

    VILANOVA> Vilanova fixo esta mañá balance dos seis meses de funcionamento do seu Centro de Desenvolvemento Local. Dende o Pazo de Vista Real, as instalacións convertéronse no punto neurálxico dos cursos e actividades organizados polo municipio.

     

    Dende hai seis meses, o pazo de Vista Real acolle o Centro de Desenvolvemento Local do concello de Vilanova. Mediano ano durante o que as instalacións acolleron numerosos cursos e serviron como punto de información para moitos veciños.

    Obradoiros de emprego de hostalería e agricultura ecolóxica, cursos de mantemento de xardíns ou impresión 3D, clases para conseguir o título da ESO ou a formación necesaria para obter o carné de aplicador de fitosanitarios. Son algunhas das actividades que acolleu o centro.

    O Pazo de Vista Real tamén acolle o viveiro de empresas do concello, actualmente ocupado ao 100% e cunha lista de espera de seis emprendedores. Ademais, o Centro actúa como punto de información para novos proxectos, como o futuro viveiro de empresas industriais que Vilanova traballa para poñer en marcha.

    Unha oferta que fai que o concello presuma de Centro de Desenvolvemento Local que, aseguran, se está a converter nun referente na comarca.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/13/vilanova_centro_desenvolvemento.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/13/vilanova_centro_desenvolvemento.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí