VILAGARCÍA> Nova protesta veciñal no entorno do barrio da Fonte da Coca. Os veciños denuncian a Okupación ilegal dun almacén abandonado e a venda de drogas no seu interior. A asociación de veciños piden ao concello e as forzas de seguridade que desaloxe o inmoble e tapie todas as paredes e fiestras.
Dende hai anos o almacén da construtora Novo Lar en Vilagarcía está abandona, ou polo menos o estaba ata hai uns meses. Segundo os veciños do barrio da fonte da Coca, dende que comezou a corentena numerosas persoas okuparon o inmoble para dedicalo ao tráfico de drogas.
O inmoble atópase na intersección entre a avenida Rodrigo de Mendoza e as rúas Ramón Cabanillas e Arealonga. Ós veciños preocúpalles a proximidade deste almacén cos centros educativos e as zonas infantís.
Os intentos de roubos son outras das grandes preocupacións dos veciños, que denuncian tamén que os ocupas atravesan as rúas sen ter en conta ningunha sinal, o que temen que poida producir accidentes.
Dende a asociación piden ao concello e as forza de seguridade que desaloxen o inmoble e que tomen medidas para que non volvan os okupas.
Ás protestas da asociación sumouse o Partido Popular da vila. Os populares van máis alá do barrio da Fonte da Coca e piden ao goberno de Varela que tome medidas para eliminar os numerosos puntos de venda de droga que ten a vila.