Veciñas do Rial denuncian a desidia do Concello con esta zona

    rial_100.jpgVILAGARCIA> Varias veciñas da urbanización o Rial de Vilagarcía esixen ó Concello que acondicione este entorno onde residen, que arestora está…

    {flowplayer}images/salnes/030709_vecinos_rial.flv{/flowplayer}

    … cheo de maleza e lixo. A falla de acondicionamento tamén se estende a algunhas fincas privadas sen que ninguén faga nada para solucionalo. Estas veciñas denuncian que só reciben o servizo de alumeado por uns 500 euros de media anuais que pagan de contribución urbana. Ante esta situación, moitos dos propietarios destes chalés decidiron contratar persoal de limpeza para os lindes das súas fincas ou acometelas eles mesmos.

     En repetidas ocasións intentaron poñerse en contacto co Concello. No mellor dos casos unha delas foi atendida polo secretario da alcaldesa que lle dixo que tiña que facer a petición por escrito: un punto no que non están conforme posto que pensan que esta é unha obrigación que ten que asumir o Concello sen que ninguén llo apunte.

    Ó problema da limpeza sucédelle o estructural posto que a maleza esta a esnaquizar as beirarrúas.

    Por todo isto, os veciños esixen que se actúe canto antes, principalmente agora que ven a época do turismo, para que os visitantes dun pazo e un coñecido restaurante da zona non se leven esa impresión tan negativa do concello.

    Redacción Salnés