Durán insiste nun pacto PP-PSOE para presidir a Mancomunidade

    O SALNÉS>

     

    Salvado o pleno de organización en Vilagarcía, as miradas oriéntanse agora cara a Mancomunidade do Salnés. E é que a presidencia do ente continúa pendendo dun fío. Esta mañá o presidente en funcións, Gonzalo Durán, felicitaba a Vilagarcía polo acordo PSOE-PP e abría a man a reeditar o pacto a nivel comarcal.

     

     

    Para o popular Gonzalo Durán, o acontecido onte en Vilagarcía é ‘lóxico e coherente’ e segue a liña do que o seu partido vén defendendo desde hai tempo: que goberne a lista máis votada. E se se precisan apoios, o natural é que veñan da segunda forza máis respaldada pola cidadanía.

     

    Pechado este capítulo en Vilagarcía, o que mantiña pendente a elección de presidente na Mancomunidade, as olladas viran agora cara o goberno comarcal. Asegura Durán que en canto lles chegue a comunicación da nova organización de Vilagarcía o pleno convocarase coa maior urxencia. Probablemente en quince días.

     

    Durán aposta por reeditar o pacto PP – PSOE tamén na Mancomunidade.

     

    Pero semella que desde Vilagarcía aínda non o teñen tan claro. Supeditan a decisión ó que se acorde con alcaldes e concelleiros socialistas da comarca.

     

    Para elixir presidente é preciso que 14 dos 27 membros do ente voten a unha mesma persoa. Non valen outras maiorías. A distribución de forzas nestes intres son de 12 representantes do Partido Popular, 8 do Partido Socialista, 3 do BNG; mentres que Somos Cambados, Independentes por Meaño, Independentes de Ribadumia e SAL posúen un membro cada un.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/25/MANCOMUNIDADE_SALNES.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/25/MANCOMUNIDADE_SALNES.mp4{/flowplayer}