Unha nena de 12 anos ferida nun accidente de tráfico en Noalla

    accidenteobaonoalla_100_230707.jpgSANXENXO > O Servizo de Xestión de Emerxencias interviu noutras dúas saídas de vía ocorridas ó atardecer sen danos persoais.

    Unha nena de doce anos que viaxaba nun Ford Sierra con matrícula 0765 BMW resultou ferida ó saírse da estrada o vehículo no que circulaba pola zona de O Bao, na parroquia de Noalla, arrededor das 20.51 horas. Así, C. V. F. tivo que ser trasladada polo 061.

    saidaviarapida_200_230707.jpgAta o lugar do suceso acudiu a Garda Civil e o Servizo de Xestión de Emerxencias de Sanxenxo, que tamén se desprazou á Vía Rápida onde se produciron outras dúas saídas de vía. Unha delas tivo como protagonista a un Jeep Cheroke gris prata e con matrícula 0128 CJR e a outra a un Renault Megane azul e matrícula 5523 CCG. En ningunha das dúas houbo que lamentar  danos persoais.

    Camión para emerxencias

    O Concello de Sanxenxo, a través da mesa de contratación correspondente, resolveu adxudica-la adquisición dun camión destinado ó Servizo de Xestión de Emerxencias á empresa Ziegler.

    A nova bomba urbana lixeira, na que se investirán 240.000 euros, é o modelo Atego da firma Mercedes Benz e estará dotada do equipamento preciso para levar a cabo as tarefas de extinción de incendios, salvamentos e excarceración entroutros. Ademais conta cunha cisterna con capacidade para 3.000 litros.

    Redacción Salnés