Caixanova e Concello de Sanxenxo renovan o seu convenio cultural

convenio100.jpgSANXENXO> A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, asinou hoxe un convenio de colaboración con Caixanova en materia cultural.

Neste novo acordo recóllense diversas actividades que se desenvolverán durante este último semestre do ano no municipio. A primeira delas comeza esta fin de semana, o venres e o sábado instalarase en Sanxenxo a Cúpula Caixanova na Rúa, deseñada polo enxeñeiro Quim Guixá. Os visitantes asistirán a un conxunto de experiencias que desafiarán a lóxica e que os levarán a pensar nun truco de maxia. De forma amena e divertida, o taller adentrará ós espectadores nos aspectos menos coñecidos da ciencia, como ovos que se friten sen aceite, auga que se converte en viño ou cristais que desaparecen, etc.

Caixanova tamén colaborará co Concello na celebración do cine de verán ó aire libre. Mañá proxectarase a película Kun Fu Panda e o 29 de xuño poderase ver Mamma Mía. Neste convenio tamén se inclúe a actuación do circo acrobático de Pekín o 6 de agosto, un espectáculo que inclúe números de equilibrismo, acrobacias aéreas, e maxia.

Concello e Caixanova tamén traerán ó municipio a exposición ‘Ríos de Galicia. Tesoiros de vida’, que se amosará na sala de exposicicóns Pardo Bazán do 5 ó 29 de novembro. A mostra consta de 50 fotografías realizadas polo prestixioso fotógrafo submarino José Luís González.

Redacción Salnés