Bea Gondar deposita 10.000 euros polos que se fará efectivo o secuestro de “Fariña”

O GROVE> Hai uns días coñecíamos que unha xuíza de Collado Vilalba, en Madrid, ordenou o secuestro do libro de Nacho Carretero, Fariña, editado por Libros K.O. Esta situación dáse despois de que Alfredo Bea Gondar, ex alcalde de O Grove, denunciase as mencións que se fan a súa persoa no mesmo. O grovense xa depositou os 10.000 euros para facer efectiva a orde xudicial, e a editorial anuncia que recorrerá o auto.
Uns días despois de que unha xuíza de Collado Vilalba, en Madrid, admitira a trámite a demanda por “vulneración do dereito ao honor”, que presentou en decembro do 2016, contra o autor e a editorial do libro “Fariña”, o ex alcalde de O Grove, Alfredo Bea Gondar, móstrase tranquilo e afirma que “está a defender a súa imaxe”.
Bea Gondar, recalca que non só ten que ver con como o describe o libro, senón coa promoción do mesmo, no que o autor fala de él como “un alcalde do PP que foi condenado por narcotráfico” .
O ex rexedor afirmou que xa depositou a fianza de 10.000 euros necesaria para que se faga efectivo o secuestro da publicación, que hai tan só unhas horas batía récord de ventas en varias plataformas dixitais.
Polo de agora a xuíza desbotou frear a emisión da serie que foi rodada este verán en O Salnés, alegando que aínda non se sabe se fai algunha referencia ao grovense.
O vindeiro martes 27 de febreiro, Bea Gondar participará nunha entrevista do programa FALEMOS, nesta canle, na que falará das motivacións que o levaron a tramitar esta demanda ademais de como se atopa a situación.