A Xunta autoriza o proxecto de mellora da seguridade viaria no acceso ó peirao de Portosín

PORTO DO SON> Con esta actuación eliminarase un punto de concentración de accidentes na rede viaria, ó tratarse dun cruce con escasa visibilidade. Esta actuación suporá un investimento de máis de medio millón de euros que, ademais de incrementar a seguridade viairia, suporá a creación de varias prazas de estacionamento así como o acondicionamento de toda a contorna e da praza da igrexa. Dende o executivo sonense destacaron a importancia desta actuación que levará vinculada tamén outro proxecto, neste caso financiado con fondos municipais, como é o de humanización da rúa que conduce ó porto. Unha obra na que se prevén investir uns 185 mil euros.

 

–inserto