![]()
CAMBADOS> Ademais do viño elaborado pola adega de Castrelo, Pazo Pondal fíxose co segundo premio na XXI Cata-Concurso. Señorío de Rubiós quedou terceiro.
{flowplayer}images/salnes/030809_XANTAR_PREMIOS_ALBARINO.flv{/flowplayer}
Cambados celebrou onte o día grande das Festas do Albariño co tradicional Capítulo do Serenísimo, onde se nomearon as novas Damas e Cabaleiros do Albariño, e o Xantar Albariñense. Foi precisamente ó remate desta comida cando se desvelou o nome dos vencedores na vixésimo primeira Cata concurso Rías Baixas-Albariño.
Nesta edición participaron 61 marcas de viño, das que só tres se erixiron como os mellores Rías Baixas Albariño 2008. O terceiro premio foi para Señorío de Rubiós, que repite experiencia logo de que o ano pasado se fixera co primeiro posto neste concurso. A medalla de prata correspondeu a Pazo Pondal, un albariño elaborado na subzona do Condado. E a distinción de mellor Albariño Rías Baixas 2008 correspondeu a un viño elaborado no Salnés, o Lagar de Costa.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo foi o encargado de despedir a 57 edición do xantar albariñense comprometéndose a apoiar ó sector vinícola galego, ó que definiu como un dos prioritarios para o seu goberno.
Redacción Salnés









