Arquivada a denuncia contra o goberno de Valga polas Comisións de Coordinación

VALGA> A Audiencia Provincial de Pontevedra arquiva a denuncia do PSOE de Valga contra o equipo de goberno local polas comisións de coordinación. O alcalde lamenta a actitude da oposición e pídelles que recoñezan publicamente que mentiron ós veciños.

A Audiencia Provincial de Pontevedra arquivou definitivamente a denuncia dos concelleiros socialistas de Valga contra o equipo de goberno polas Comisións de Coordinación. O Tribunal de Xustiza avala as explicacións dos populares que aseguraban que as Comisións foron creadas legalmente polo Pleno.

O alcalde pide agora ós socialistas que pidan desculpas e recoñezan publicamente que estiveron intentando enganar ós veciños.

Segundo o goberno local, a resolución da Audiencia fulmina a credibilidade do PSOE de Valga e, engaden, que a súa capacidade para exercer con rigor como representantes públicos é nula. Por elo pide á candidata dos socialistas que presente a súa renuncia como cabeza de lista.

Bello mostrouse confiado de cara ás vindeiras eleccións municipais. Para o alcalde, a sentenza é positiva porque disipa as dúbidas que puidese ter algún veciño.

O alcalde reclamou unha maior dignidade á oposición e lamentou que a denuncia salpicara a menores de idade, xa que asegurou, na escola de Valga dirixíronse a un neon acusándoo de ser dunha familia de ladróns.