Os escolares de Sanxenxo divírtense con Ludoexploradores

    SANXENXO> Case medio cento de nenos e nenas de primaria de Sanxenxo e tamén turistas divírtense estes días en Ludoexploradores; unha actividade de tres días destinada á concienciar ós máis cativos sobre a importancia de coidar a Natureza.

    Ludoexploradores é o nome da ludoteca de verán que de novo este ano organiza a Concellería de cultura e Educación de Sanxenxo para alumnos de primaria neste Centro de Interpretación Ambiental das Telleiras, en Noalla. Hoxe é o primeiro dos tres días desta actividade que está destinada á fomentar a ecoloxía entre os cativos. Os corenta e cinco nenos e nenas asistentes, tanto veciños de Sanxenxo como visitantes que recalan estes días no Municipio, comezaron hoxe cas tarefas medioambientais ca creación dun caderno de campo e cun taller de decoración de camisetas. Mañá e pasado continuarán con estas actividades de coñecemento e coidado do medioambiente ata culminar cunha viaxe ó centro lucense de Marcelle Natureza. Esta ludoteca ten un custe de quince euros para os tres días, excursión incluída. Prolongarase ata o mércores, en horario de 10 da mañá a catro da tarde; o que supón unha oportunidade para os pais e nais de conciliar a súa vida familiar e laboral tamén en verán.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/11/telleiras.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/11/ludoexploradores.mp4{/flowplayer}