A Serenísima Orde do Albariño suma dúas novas Damas e cinco Cabaleiros

    capitulo_serenisimo_100_030809.jpgCAMBADOS> Ademais do Capítulo Serenísimo, o día grande do Albariño completouse co tradicional Xantar Albariñense.

    {flowplayer}images/salnes/030809_capitulo_serenisimo.flv{/flowplayer}

    O día grande do Albariño arrincaba coa tradicional recepción de autoridades na casa do concello de Cambados. Despois de catro anos, a festa recuperou a presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, flanqueado por varios membros do seu executivo ou o líder nacional do Partido Popular, Mariano Rajoy. Desde alí partiu a comitiva ata o patio de armas do pazo de Fefiñáns, nun desfile que contou coa presenza de varias confrarías enogastronómicas chegadas de toda España e Portugal. Xa en Fefiñáns tivo lugar o Capítulo Serenísimo. O Gran Mestre da Orde do Albariño, Manuel Fraga, investiu ás dúas novas Damas, a actriz Sara Casasnovas e a xornalista Pilar Cernuda. Logo seguíronlle os cinco Cabaleiros, entre eles o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, e os conselleiros de Presidencia e Medio Rural, Alfonso Rueda e Samuel Juárez.

    O acto estivo presentado pola xornalista Consuelo Berlanga, que se amosou encantada de participar por primeira vez na Festa do Albariño. O Capítulo Serenísimo incluíu tamén a entrega das distincións de Albariñenses de Honra e Xóvenes Albariñense, ademais das follas de Prata do Albariño. Manuel Fraga, como Gran Mestre da Serenísima Orde do Albariño pechou o Capítulo cun discurso inzado de referencias a tempos pasados. A Banda de Gaitas do Concello de Verea foi a encargada de clausurar o acto interpretando a Marcha do Albariño.

    Redacción Salnés