A urbanización de Monteporreiro, prioritaria para Infraestruturas

    monteporreiro_100_100809.jpgPONTEVERA> Así o asegurou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas durante o balance dos 100 primeiros días como titular desta carteira.

    {flowplayer}images/salnes/100809_bance_mati.flv{/flowplayer}

    A urbanización do barrio de Monteporreiro será unha das actuacións prioritarias para a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na cidade de Pontevedra. A intención do seu titular, Agustín Hernández, é levar a cabo unha remodelación do entorno para convertelo nun espazo funcional e cómodo para as máis de sete mil persoas que viven nesta zona. Mañá, o DOGA publicará as novas bases do concurso para mellorar o barrio.

    Hernández realizaba este anuncio durante unha rolda de prensa na que repasou o feito nos seus 100 primeiros días á fronte da consellería. Entre os asistentes estaba o voceiro do Partido Popular en Pontevedra, Telmo Martín, que valorou de xeito positivo a actuación da Xunta con respecto a Monteporreiro.

    Agunstín Hernández explicou que neste tempo a súa consellería investíu preto de 71 millóns de euros en máis de 26 actuacións, gran parte delas destinadas á mellora das redes viarias galegas. Neste sentido Hernández destacou o acordo acadado para levar a cabo o nó de Curro, e anunciou que esta semana, tamén se publicará no DOGA a utilidade pública para iniciar as expropiacións do primeiro tramo da autovía que unirá Vilagarcía co enlace de Curro. Ademais, o conselleiro apuntou que se seguirán levando a cabo melloras no firme de varias estradas na provincia e que en breve se presentará o Plan de Infraestruturas de Galicia. A xestión hidráulica e o Plan de Ordenación do Litoral son outras materias nas que esta consellería está tamén a avanzar.

    Redacción Salnés