O BNG de Ribeira denuncia a pasividade do goberno ante as verteduras ó río Listres

O BNG de Ribeira rexistra unha iniciativa no Concello para coñecer as accións levadas a cabo polo goberno local de cara a poñer fin ás verteduras que se producen de xeito continuado no río Listres. Os nacionalistas teñen denunciado en máis dunha ocasión este problema, provocado polo aliviadoiro do tanque de tormentas existente no lugar dos Areeiros.

Off

Non é a primeira vez que o BNG se fai eco das verteduras que se producen na zona dos Areeiros, na parroquia de Castiñeiras, na desembocadura do río Listres. Segundo os nacionalistas o problema é bastante habitual e dáse a consecuencia do aliviadoiro do tanque de tormentas alí existente. O problema é grave en si, pero empeora aínda máis naquelas épocas do ano na que o río apenas leva auga, o que provoca que os residuos queden estancados e causen malos olores. O BNG denuncia a pasividade do goberno local que nada fixo dende que se aprobara en pleno en xuño de 2017 unha iniciativa súa pedindo a canalización do río para evitar estes tipo de episodios.

–inserto

Ante esta situación os nacionalistas pediranlle explicacións ó goberno municipal das accións realizadas neste tempo para rematar con estes vertidos.