O BNG de Ribeira demanda medidas para un consumo responsable da auga

RIBEIRA> O BNG de Ribeira reclama medidas de aforro e consumo eficiente da auga, especialmente en épocas de seca prolongada como a que vivimos o pasado ano. Solicitan ademais unha revisión completa da rede de abastecemento para evitar as fugas nas canalizacións.

A seca hidrolóxica que sufriu Galicia durante o 2017 pón de manifesto a necesidade de reducir o consumo de auga. Ademais dos hábitos cotiás cos que casa un pode contribuír a preservar este recurso limitado, dende o BNG de Ribeira lembran a necesidade de promover, dende a administracións, accións de aforro. Entre elas, evitar o baldeo ou as regas en épocas de seca e poñer coto ás fugas na rede municipal.

A este respecto solicitan un plan de revisión que permita detectar posibles perdas no sistema de subministro.

A sensibilización, a través de campañas informativas, é outra das propostas dos nacionalistas que instan ó concello a facer un consumo eficiente, para dar exemplo ós cidadáns.