BOIRO> A agrupación de Ciudadanos Boiro rexistrou unha moción no concello solicitando unha serie de melloras portuarias. Ademais de esixir a instalacións de pantaláns en Cabo de Cruz, demandan que se acometa a reordenación e o dragado do porto de Escarabote. Ó igual que xa fixeran outros grupos da oposición, Ciudadanos Boiro denuncia as deficiencias que presentan os portos do municipio. O de Cabo de Cruz carece aínda de pantaláns de atraque e o de Escarabote está aínda pendente do dragado e reordenación comprometida no seu día por Portos de Galicia. Por outra banda, Javier Chouza sinala o desinterese do executivo local polo porto deportivo de Escarabote. Critican que tan só se promocione o náutico de Cabo de Cruz polo que piden unha maior implicación co Club Náutico Barraña.
Inicio Barbanza - Muros - Noia