PONTEVEDRA > José Manuel Zugaza, da consultora Unilco, falou sobre as empresas familiares e como afronta-la transición xeracional.
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra, AJE, e a Confederación de Empresarios de Pontevedra, CEP, organizaron esta tarde unha xornada sobre a empresa familiar.
No acto estiveron, ademais do ex-presidente de AJE, José Luis Vilanova, o novo directivo, Antonio de Cora, o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Ramón Búa e Fernando Sánchez de Caixa Galicia, lugar onde se impartiu esta charla na que se abordou un dos grandes problemas da maioría das empresas da provincia: como traballar coa familia e como aborda-la transición xeracional nas empresas familiares. Un problema que, en moitos casos, require axuda profesional.
Redacción Salnés