Presentada a II Media Maratón de Ribeira

RIBEIRA> A proba, que terá lugar o domingo tres de xuño, será valedeira para o Campionato Galego da especialidade. Por segundo ano consecutivo Ribeira volverá a acoller unha proba de media maratón. A cita deportiva presentada esta mañá na casa consistorial terá lugar o próximo tres de xuño e será valedeira ademais para o Campionato Galego da especialidade nas categorías absoluta, júnior, promesa e veteráns. Terá 21 quilómetros de percorrido. Con saída no porto de Aguiño e liña de meta en Ribeira. As inscricións xa poden formalizarse na páxina web carreirasgalegas.com. Dende a organización destacaron tamén a importancia desta proba que reunirá a destacados corredores a nivel galego como é o caso de Pedro Nimo e Paula Mayobre, gañadores da última edición disputada.