![]()
RIBEIRA> Na primeira xornada foron moitos os clientes que se achegaron ata o recinto, ubicado na Avenida do Malecón, e realizaron as súas compras aproveitando os descontos.
{flowplayer}barbanza/viamarestocks.flv{/flowplayer}
Nin a calor foi excusa para que a piques de abrir as súas portas a carpa instalada na avenida do Malecón, moitas persoas fixeran cola para acceder ó recinto. Un total de 26 de comercios, sobre todo de roupa e calzado, pero tamén de complementos, cosmética ou decoración ofrecían ós seus produtos a prezos do máis interesante, con descontos que mesmo podían chegar ata o noventa por cento. A inauguración oficial tivo lugar á unha do mediodía coa presenza do presidentes dos empresariso ribeireses, José Paz, o edil de Comercio, Vicente García, e a directora xeral de Comercio, Nava Castrto, que quixo coa súa presenza apoiar este tipo de iniciativas tan beneficiosas par ao pequeño comercio.
Masiva afluencia
Nas primeiras horas de apertura de Viamare Stock, a afluencia de clientes e o inicio das vendas non puido ser mellor. Os comerciantes valoraron moi positivamente esta primeira xornada e auguran un volume de vendas importante na fin de semana que queda por diante.
Moita calor
Tamén os clientes se amosaron moi satisfeitos. Añinda que algúns dedicáronse a mirar nesta primeira xornada moitos se animaron a facer as súas compras. A única pega; a calor, especialmente para os traballadores que, abanico en man, atendían ós numerosos clientes que se agolpaban nos expositores.
As persoas que non puideron achegarse nesta primeira xornada ata Viamare Stock, teñen toda a find e semana por diante para facelo. A carpa permanecerá aberta en horario ininterrompido de once da mañá a dez da noite.
Redacción Barbanza










