O alcalde de Outes pídelle á Xunta maior flexibilidade á hora de xustificar as subvencións

OUTES> O alcalde de Outes, Manolo González, mostrou o seu malestar polo procedemento que aplica a Xunta na convocatoria e resolución das subvencións que lle outorga ós concellos.

Para o rexedor é habitual que o Goberno Autonómico resolva a adxudicación das axudas destinadas a investimentos a mediados de ano e obrigue a que estean realizados e xustificados en novembro dese mesmo ano.

Un trámite que, segundo el, resulta complicado realizar, xa que os procedementos de licitación soen prolongarse alomenos en tres meses, polo que o prazo para realizar a obra e certificala son mínimos. O mandatario outense pon como exemplo o que lle está a pasar agora ó Concello coa obra do arranxo da cuberta da piscina municipal.

González pídelle á Xunta que flexibilice os prazos de xustificación das subvencións, para que poidan facerse polo menos ó longo de varios exercicios, como acontece actualmente coas obras do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

–inserto