A POBRA> A Pobra prepárase para vivir a súa festa grande. As celebracións na honra do Divino Nazareno encherán a vila de tradición, música, espectáculo e sobre todo devoción. A procesión das mortallas será, un ano máis, o evento máis multitudinario.
O xornalista Manuel Gago será o encargado de dar o pistoletazo de saída ás festas do Nazareno coa lectura do pregón o venres 15 ás nove e cuarto da noite no balcón da casa consistorial.
O sábado a música será a principal protagonista da xornada con pasarrúas, concertos de bandas nos xardíns Valle-Inclán e o X Encontro de Música e Baile tradicional a partir das nove e media da noite na praza Segundo Durán. Haberá tamén unha holi parti e festa da escuma.
Aínda que, sen dúbida, a cita máis agardada e multitudinaria será a procesión das Mortallas na que miles de fieis amosarán a súa devoción polo Nazareno nesta cita de gran valor histórico.
O luns 18 as celebracións chegarán á súa fin co gran espectáculo de fogos artificias e acuáticos.