![]()
O GROVE> Medio Ambiente adxudicou o proxecto de adecuación ambiental da praia da Lanzada por un importe de millón e medio de euros.
{flowplayer}images/salnes/lanzada.flv{/flowplayer}
O GROVE> O Boletín Oficial do Estado publicou o anuncio de adxudicación do proxecto de adecuación medioambiental da praia da Lanzada, nos concellos do Grove e Sanxenxo.
Os traballos corresponden a unha segunda fase e inclúense dentro das actuacións que o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño desenvolve en Galicia con cargo ó Fondo anticrise, o Plan E. O Ministerio adxudicou o proxecto por un importe de millón e medio de euros, cun prazo de execución de doce meses. As melloras que se farán na Lanzada permitirán compatibilizar o uso lúdico da praia co coidado deste importante espazo natural.
Entre outras actuacións, o proxecto prevé a construción de diversas sendas peonís de madeira, de ramplas e de accesos á praia. Tamén se desmontará a liña eléctrica de media tensión situada na marxe norte das dunas, e demoleranse os dous centros de transformación, que serán substituídos por outros duos semisoterrados. Ademais repararanse e colocaranse vallas de madeira para protexer as dunas e impedir o acceso de vehículos. No proxecto inclúese novo equipamento público e a instalación de dúas casetas de observación de aves na zona dunar.
Redacción Salnés











