Como coñecer o marco xurídico trala reforma laboral

     CAMBADOS> Miguélez Asociados organiza unhas charlas sobre esta temática no Salón José Peña.

    {flowplayer}images/salnes/PtacXornadaReformaLaboral_290113.flv{/flowplayer} 

    O Salón José Peña de Cambados acollerá o vindeiro 2 de febreiro unha xornada sobre o novo marco xuridíco dos despidos colectivos e os contratos de formación. As charlas estarán impartidas por especialistas nesta temática e dirixida fundamentalemnte a empresas e asesorías. Organízaas o bufette de avogados Miguélez Asociados xunto co concello de Cambados.

    Trátase dunha boa oportunidade para coñecer como queda disposto o marco xurídico logo das reformas laborais feitas nos últimos tempos. As xornadas serán gratuítas e estarán abertas a todo o mundo, especialmente ó texido empresarial da comarca, asesorías e xestorías. Terán lugar no Salón José Peña entre as 10:30 e as 13:30.

    Unhas charlas que serán impartidas por especialistas nesta materia. A primeira versará sobre o contrato de formación como nova ferramenta laboral, a cargo de Iván Pavía Miralles, Director Técnico de Pavía e Asociados, empresa líder na xestión de Recursos Humanos. A segunda levará o títuñlo “Os ERE trala entrada da reforma laboral” impartida por Óscar Puertas, de Miguélez Asociados. Fernando Cabezas Lefler, Maxistrado do Xulgado nº3 do Social de Pontevedra, porá o peche cunha charla sobre a xurisdicción social e os despidos colectivos.

    Redacción Salnés