Ribadumia inaugura a 50 edición das festas do viño tinto con esperanzas: ‘Entre o 2025 e o 2027 estará regulado’

RIBADUMIA> Ribadumia inaugura a 50 edición das festas do viño tinto de Ribadumia. As previsións de concello e organización son moi boas, agardando que miles de persoas se acheguen a gozar do festexo. Un dos obxectivos desta edición é reclamar a regularización do viño tinto, unha realidade que o goberno local agarda para o período entre o 2025 e o 2027.

Coa corte da cinta e abrindo a primeira botella, as festas do viño tinto de Barrantes iniciáronse de forma oficial. O festexo acada este ano a súa 50 edición coa previsión de que se acheguen miles de persoas.

A festa ten como obxectivo reivindicar a regularización deste viño, unha demanda que pode ser unha realidade nos vindeiros anos.

Para as adegas é unha gran oportunidade de dar a coñecer os seus caldos.

Entre a programación atópase a cata concurso. Comisión e participantes sinalan que os 12 viños finalistas teñen unha gran calidade.

En canto á programación musical, a festa comezou no día de onte co Combo Dominicano, este venres actuará Treixadura e na verbena o espectáculo correrá a cargo da Fórmula e Tango. O sábado actuarán Gran Parada e América e pechará as festas o domingo a orquestra Panorama.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí