IC Boiro esíxelle a González Maceiras a entrega da súa acta de concelleiro

    polemicaicboiro_100_280809.jpgBOIRO> Ademais acúsano de cobarde e desleal, movido unicamente por intereses persoais.

    {flowplayer}barbanza/polemicaicboiro.flv{/flowplayer}

    Arroupado por parte da executiva, o fundador e voceiro de Iniciativa Cidadá de Boiro, Manuel Velo, compareceu ante os medios para tratar de explica-las verdadeiras razóns da marcha de Luís Ángel González Maceiras anunciada hai varios días. A Velo como ó resto de membros de IC Boiro non lle sorprendeu esta decisión, pois xa era agardada por eles dende hai tempo, xa que en máis dunha ocasión o propio González Maceiras lle trasladou esta posibilidade. O feito de que a formación independente non conseguise ser chave para a posterior confección do goberno municipal, formado por BNG e PSOE, parece ser que é a principal razón da súa fuxida.

    Defraudados

    O que si lle doeu ós membros de IC Boiro e polo que se sinten defraudados é polas formas da súa fuxida, algo que non entenden, arremetendo contra o voceiro da formación independente e pasándose ó grupo de concelleiros non adscritos sen entrega-la súa acta de edil.

    Entrega da acta de edil

    A pesar de que non tiveron ningún tipo de contacto con el dende o anuncio da súa marcha solicítanlle que entregue a súa acta de concelleiro, para que poida ser asumida pola seguinte na lista desta formación política, Begoña Díaz, algo que por outra banda parece improbable e que o propio González Maceiras anunciou que non está disposto a facer.

    Redacción Barbanza