NOIA> Nas próximas semanas darán comezo as obras de ampliación do pavillón Agustín Mourís en Noia. O proxecto, xa adxudicado, contempla a habilitación dun novo espazo na parte superior dos actuais vestiarios para acoller diversas actividades deportivas.
O concello de Noia dará resposta ás demandas dos usuarios do pavillón polideportivo Agustín Mourís coa ampliación das instalacións. A execución das obras que dará comezo nunha semanas permitirá habilitar un novo espazo na planta superior para acoller diversas actividades deportivas e un ximnasio.
Ademais de ampliar a oferta de actividades, o novo espazo dará servizo tamén ó Noia Fútbol Sala, principal usuario das instalacións deportivas.