Éxito de organización no Congreso Internacional de Xuventude

    RIBEIRA> O congreso foi inaugurado esta mañá polo secretario de Estado de Servizos Sociales e Igualdade e a conselleira de Traballo e Benestar. Éxito de público e de organización no congreso internacional de xuventude que durante dous días, venres e sábado, se celebra en Ribeira. Na experiencia están a tomar parte máis de 500 persoas, na súa maioría membros de entidades xuvenís. Baixo o lema ‘Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento’, a iniciativa conta co obxectivo de explorar as posibilidades que ofrece a educación non formal. Despois da recollida da documentación, o congreso iniciouse cunha mesa redonda baixo o título ‘Programas facilitadores da mobilidade e do emprego, na que tomaron parte entre outros alejo Ramírez, secretario xeral da organización iberoamericana da xuventude ou Rubén Urosa, director xeral do instituto da xuventude, e no que actuou de moderador e presentar o propio director xeral de xuventude Ovidio Rodeiro. Xa no acto inaugural, tomaron parte o secretario de Estado de Servizos Sociales e Igualdade, Juan Manuel Moreno, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, entre outras autoridades entre as que se atopaba o propio alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. Este último agradeceu a elección de Ribeira como sede para este congreso de talla internacional enfocado cara a xuventude e a súa formación. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou na súa intervención que o seu departamento pretende recoñecer oficialmente a participación da mocidade galega en programas e actividades de educación non formal. Expedindo, deste xeito, certificacións oficiais das experiencias, competencias e habilidades adquiridas nestas accións. Pola súa banda o Secretario de Estado destacou a importancia do Congreso, que conseguiu reunir a máis de 500 mozos de todo o mundo e que servirá para abordar, con maiores probabilidades de éxito, as dificultades ás que se enfronta a xuventude do século XXI. Despois da inauguración oficial do congreso, a comitiva de autoridades desprazouse a unha carpa instalada para a ocasión na avenida do Malecón. Alí, divididas por stánds, máis de 40 entidades xuvenís de toda Galicia, daban a coñecer a súa experiencia e o traballo que desenvolven. As actividades do congreso tiñan tamén continuidade noutros escenarios, como é o caso do salón de actos da Casa do Mar onte tiveron lugar obradoiros de comunicación, coaching e redes sociais; ou relatorios de experiencias xuvenís. Ademais desta parte, o congreso tamén contou cunha serie de actividades de carácter máis práctico, como é o Brain-Spa, ou a final do concurso de graffittis ‘Xuventude Crea’ que se desenvolveu na praza do concello. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/congresoxuventuderibeirainformativo251013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/congresoxuventuderibeirainformativo251013.mp4{/flowplayer}