A Garda Civil de Boiro detén a un veciño da localidade por cultivo de marihuana

    BOIRO> Os axentes logracon incautarlle máis de 289 plantas e tres frascos con brotes cun preso superior ós cen gramos. Tamén lle comisaron diverso material para o cultivo do cánnabis. A Garda Civil informou do desmantelamento dunha plantación de marihuana en Boiro. Forma parte da denoiminada operación ‘Mangalla’. As inventigacións realizadas polos axentes do Instituto Armado deron como resultado a detención dun veciño da localidade que responde ás iniciais J.O.J. de 52 anos. Acúasaselle dun presunto delito contra a saúde pública e tamén de fraude de fluido eléctrico. No rexistro da súa vivenda os axentes atoparon un sistema de cultivo de plantas de maría distribuído en catro estancias co que se buscaba unha producción continua ó longo de todo o ano. Na operación procedeuse ademais ó comiso de 289 plantas en macetas e tres botes de cristal con brotes desta planta cun peso superior ós cen gramos, así como diferente material empregado para o cultivo do cánnabis como é o caso de focos de alta potencia, termostatos ou esterco. O prendido xa pasou a disposición xudicial do Xulgado Nº1 de Ribeira que é quen instrúe o caso.