A Pobra achegará as actividades de Nadal tamén ás parroquias

POBRA> A Pobra oferta para estes días unha variada programación, na que os cativos serán os verdadeiros protagonistas.

Unha das novidades este ano é o Nadal Móbil, unha iniciativa coa que o Concello pretende achegar tamén as actividades de Nadal ás distintas parroquias do municipio, con obradoiros de maquillaxe, chocolatada e máis sorpresas.

A primeira parada foi no Camiño Ancho, esta pasada fin de semana, pero seguiranlle en próximas datas San Isidro, O Campiño, Santa Cruz, O Maño, A Angustia e A Ribeiriña.

Outro ano máis o Concello organiza tamén o Mercado do Nadal, que está situado na céntrica praza do Cantón da Leña.

Contará tamén con diversas actividades de dinamización como xogos tradicionais, showcookings ou actuacións de música e baile tradicional.

Os postos do Mercado de Nadal estarán abertos durante as fins de semana, ata o día 9 de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí