Aguiño mobilízase en contra da macrodepuradora

    manifestaciondepuradoraguino_100_31082009.jpgRIBEIRA> Na mobilización celebrada este pasado sábado participaron centos de persoas que se negan á ubicación desta instalación nun dos espazos naturais máis ricos do municipio.

    {flowplayer}barbanza/manifetaciondepuradoraaguino.flv{/flowplayer}

    ‘Depurar sí pero non así’. Este foi o lema baixo o que se celebrou a mobilización convocada hai unha semana nunha xuntanza mantida entre as entidades de Aguiño. Con esta protesta, tódolos colectivos con representación na parroquia queren expresar o seu rexeitamento ó anteproxecto da EDAR de Ribeira que contempla a construción dunha única planta no lugar de Couso. De xeito pacífico, pero ó grito de consignas de protesta esixiron que non se hipoteque o futuro da parroquia e que se opte por un sistema de depuración baseado en varias estacións. Para chamar a atención sobre a súa situación, a maioría dos asistentes acudiron ataviados con paraugas e mesmo con máscaras, lembrando outro desastre que afectou gravemenbte á parroquia como foi o naufraxio do Prestige.

    Lectura manifesto

    A protestas finalizou coa lectura dun manifesto a cargo do patrón maior da confraría de pescadores de Carreira e Aguiño, Xosé Manuel Oujo, avogando pola necesidade de depurar pero mediante un plan operativo baseado no consenso que non conleve unha carga tan elevada para a parroquia. Esta non é a primeira vez que o pobo de Aguiño se levanta en contra deste proxecto. Hai dous anos xa se realizara unha marcha similar para expresar a oposición á creación da depuradora no contorno dunha área protexida. Agora, aínda que dende a Consellería de Medio Ambiente comprometéronse a valorar alternativas e elaborar un estudo de impacto ambiental, os afectados decirdiron seguir adiante coa mobilización coa fin de presionar ás administracións para que teñan en conta as súas demandas.

    Redacción Barbanza