A Sin-Son 10K xa ten data, será o domingo 17 de decembro

PORTO DO SON> Esta mañá tiña lugar a presentación da Sin-Son 10K, unha das últimas carreiras do calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo que se celebrará o domingo 17 de decembro.

Co paso das edicións, esta será a doce, a cita foi consolidándose coma unha das de maior prestixio das que se celebran en Galicia.

Coma novidade este ano é a participación da triatleta Paula Dapena, que vén de anunciar a súa retirada oficial da competición.

As inscricións poderán realizarse a través de emesports ou da propia  web oficial da carreira: www.sin-son10k.com.

Dende a organización quixeron agradecer tamén o apoio e colaboración de numerosas empresas, xa que sen a súa axuda sería case imposible poder organizar unha proba desta magnitude.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí