Deputadas do Congreso recollen as demandas de AMICOS nunha visita ó Centro de Atención Integral

BOIRO> As deputadas socialistas no Congredo, Paula Fernández e Montserrat García, visitaron o centro de atención integral de AMICOS en Boiro. Alí recolleron as demandas da entidade para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias e favorecer a súa inclusión na sociedade.

AMICOS recibiu a pasada tarde a visita de dúas deputadas no Congreso. Paula Fernández e Montserrat García coñeceron as instalacións do Centro de Atención Integral en Comoxo, que conta coa máis avanzada tecnoloxía tanto na área de rehabilitación como na aula de estimulación sensorial.

Ademais de visitar o centro, a deputadas tiveron ocasión de escoitar as reivindicacións das persoas con discapacidade e as súas familias a través de AMICOS.

Durante a visita estiveron acompañadas polo concelleiro de Política Social e o alcalde de Boiro quen quixo agradecer a importante labor que desenvolve a entidade en favor da igualdade e inclusión plena a través dos distintos programas que desenvolve.