A POBRA> O concello da Pobra volverá apostar polo mercado do Nadal. Dende este sábado e ata o 5 de xaneiro, nove postos de artesanía instalaranse no Cantón da Leña, para dinamizar un dos espazos máis visitados durante as festas.
Produtos artesáns pero amén moda, accesorios ou mesmo gastronomía. Todo isto poderán atopar aqueles veciños e visitantes que se acheguen ata o mercado de Nadal que, dende este sábado, permanecerá instalado no Cantón da Leña. As casetas abrirán en horario de once a dúas e e de cinco a oito e media, principalmente durante as fins de semana.
Ademais de dar soporte ás iniciativas empresariais da vila, este mercado busca diversificar a oferta de Nadal con actividades dinamizadoras do comercio.
Os propios comerciantes valoran moi positivamente este mercado pola oportunidade que supón a nivel de vendas e promoción. De feito son moitos os que repiten experiencia ano tras ano.
Por outra banda, dende o concello informaron tamén de que este venres pecha o prazo de inscirción no concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas que acada este ano a súa terceira edición.