Boiro incorpora o Bacanito Fest á súa programación estival

BOIRO> O concello de Boiro amplía a súa programación estival co Bacanito Fest, unha cita musical que terá lugar o 12 e 13 de xullo nas inmediacións do campo de fútbol de Valiño. Ademais de varios DJs da contorna xa está confirmada a presenza de Alex Martini e Dumore como cabezas de cartel.

Aínda inmersos nos preparativos do Bacanito Fest, os organizadores deste novo festival programaron para esta mesma noite un acto promocional na praza da Boqueira de Anegral.

Tras este aperitivo a mediados de xullo, os días 12 e 13, celebrarase o Bacanito Fest en Valiño.

O concello colabora coa organización desta primeira edición que nace con vocación de continuidade. As entradas para o Bacanito xa están á venda e poden conseguirse a través das redes sociais oficiais do festival.