Os mozos de ‘Xuventude integrándose co deporte’ visitan o concello

    salome_pena_lets_100_310809.jpgRIBADUMIA> Este proxecto trata de fomentar a convivencia entre rapaces de distintos países a través da práctica deportiva.

    {flowplayer}images/salnes/salome_pena_lets.flv{/flowplayer}

    A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, recibiu esta mañá, nos muíños de Barrantes, ós rapaces do proxecto “Xuventude integrándose co deporte”. Estes mozos, de entre 18 e 30 anos, veñen de catro países diferentes: Letonia, Polonia, Eslovaquia e Turquía, aínda que entre os participantes tamén hai rapaces chegados de diferentes puntos de España.

    O que se pretende con esta iniciativa é a integración dos máis novos a través do deporte. Este proxecto está enmarcado dentro do programa Xuventude en Acción da Unión Europea. Estes trinta mozos, pasarán un total de 7 días no noso país, aloxándose na Cidade Infantil Príncipe Felipe.

    Nesta xornada visitaron o concello de Ribadumia. Pola mañá puideron gozar dun agradable paseo polo muíños de Barrantes, onde se lles foi explicando como funcionaban os mesmos, e pola tarde coñeceron o río Umia montados en piraguas.

    As actividades que están a desenrolar ó longo deste tempo, xa foron fixadas a principio de mes polos líderes de cada país, facendo que todas elas se adaptasen perfectamente ás características destes mozos. Segundo nos contou a responsable do proxecto na deputación, a integración que están a ter ate o de agora é alta, posto que o programa está pensado expresamente para que os xóvenes eviten facer grupos entre países e se coñezan entre todos.

    Redacción Salnés