![]()
BOIRO> Portos garante que a nova dársena de Cabo de Cruz aumentará a capacidade de atraques e contará con máis superficie de auga abrigada.
{flowplayer}barbanza/modificacionportocabo.flv{/flowplayer}
Coa modificación do proxecto de construción do novo peirao de Cabo de Cruz se presentaron os técnicos de Portos perante os membros da comisión de seguemento formada por colectivos sociais e grupos políticos da localidade.
Despois do malestar creado porque non se informou adecuadamente da decisión de retranqueo do contradique, acurtado no dezaseis por cento, Portos comprometeuse a dar cumprida conta destas modificacións.
A nova proposta, que admite suxerencias por parte dos implicados, céntrase nunha serie de reaxustes técnicos que buscan a operatividade do porto para toda a flota. Así, coa nova disposición a dársena pasará dos cento dez atraques para embarcacións pesqueiras a cento trinta, oitenta e oito para mexilloeiros e preto de cincocentos prazas nas futuras instalacións náutico deportivas.
Tamén se ampliará as lonxitudes dos diques: de mil dez metros da proposta orixinal ata os mil cincuenta e sete da nova, facendo que a superficie abrigada acade os cento oitenta e oito mil metros cadrados. No tocante ao investimento previsto, que rolda os dez millóns de euros, está prevista unha ampliación, xa que se contemplan algunhas melloras no proxecto como oos accesos ao porto.
Garantías
A nova proposta para o peirao de Cabo de Cruz segue sen convencer aos colectivos que integran a comisión de seguimento do peirao crucense polo que esixirán a Portos garantías e un compromiso orzamentario e de prazos.
A través dun comunicado mostraban o seu escepticismo acerca de como é posible que reducindo en sesenta metros o contradique do peirao se consigua aumentar, tal e como aseguran dende Portos, a lámina de abrigo de buques e a capacidade de atraque.
Infraestruturas prioritarias
Exisen, ademáis, unha óptima distribución dos barcos e que cubran as necesidades e servizos que as distintas flotas precisan. Entre estas infraestruturas figuran como prioritarios os pantaláns, as casetas, puntos de luz e auga e un carro varadoiro.
Outra demanda que realizan céntrase na elaboración dun novo proxecto para urbanizar o contorno da dársena e dos accesos e o acondicionamento do peirao vello. Tamén piden a colocación de pantaláns e infraestruturas para poñer en servizo o porto deportivo.
Por último, lembran á Xunta a súa promesa de que a bocana sería consensuada con tódolos sectores do mar, e por iso, reiteran que debe ser o Presidente de Portos de Galicia ou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen ratifique o compromiso de orzamento e prazos de execución das obras.
Finalmente agradecen que a Xunta considerara as opinións da xente do mar para non recortar nin modificar o dique sur.
Redacción Barbanza









