POBRA> Susto o que se levaron este mediodía máis dunha ducia de veciños dun edificio da rúa da Atalaia, na Urbanización o Lagar.
Un incendio rexistrado ó redor das dúas da tarde nun rocho, nos baixos do edificio obrigou ó seu desaloxo. Máis ben foi por precaución debido á mesta fumareda xerada. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais.
O lume orixinouse nun colchón, aínda que as causas que o provocaron polo de agora son descoñecidas.
Ata o lugar desprazáronse efectivos dos parques de bombeiros de Boiro e Ribeira, así como tamén garda Civil, Policía Local e Protección Civil da Pobra.
A rápida intervención dos equipos de emerxencia provocou que o lume non fora a máis.
Os labores de extinción e aireado do edificio prolongáronse por máis de tres horas.