RIBEIRA> O BNG de Ribeira pide a mellora do transporte público debido ás numerosas queixas recibidas polo seu mal funcionamento. Lamentan que dende o Concello non fagan nada por remediar esta situación.
O BNG di recoller un feixe de queixas dos usuarios do transporte público polo seu mal funcionamento. Poñen como exemplo desta situación a falla de información das rutas ou os atrasos nos horarios.
O BNG considera necesario potenciar o uso do transporte público, por esta razón esixiranlle ó goberno local a toma de medidas para solucionar esta situación, propoñendo tamén que negocie coa empresa adxudicataria do actual servizo a aplicación de descontos e bonificacións para abaratar o custe das viaxes, entre outras.
Tamén lle solicitan ó equipo de goberno que demande da Xunta a inclusión de Ribeira no transporte metropolitano.