O BNG presentará enmendas ós Orzamentos Xerais do Estado por valor de 2,5 millóns de euros

    RIBEIRA> O BNG da Barbanza presentará varias emendas ós Orzamentos Xerais do Estado por un importe no seu total de máis de dous millóns e medio de euros. Así o confirmou a deputada desta formación política no Congreso Rosana Pérez. Algunhas das súas reclamacións fan referencia á rehabilitación da zona industrial da Ribeiriña na Pobra, á musealización da casa de Rafael Dieste en Rianxo ou á xa consabida demanda de mellora do pazo de Goiáns en Boiro.

    A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, sinalou que os Orzamentos Xerais do Estado para o vindeira ano 2015 continúan a liña marcada polo executivo de Rajoy nestes últimos anos, mías recortes para o cidadáns, aumentando o empobrecemento social. Rosana Pérez criticou o escaso investimento previsto polo Goberno Central na comarca do Barbanza, en cuxos presupostos para o ano que vén só aparece a construcción da futura EDAR de Ribeira por un importe de 11’3 millóns de euros. Segundo ela bótase en falla mayores partidas de cara a resolver importantes carencias que presenta na actualidade o Barbanza. Así anunciou que o seu partido presentará emendas por un valor no seu total de máis de dous millóns e medio de euros. Unha das partidas máis grande que piden é para a segunda fase da rexeneración da Ribeiriña por un millón de euros. Tamén reclaman 300 mil euros para a recuperación da zona dos cantís de Punta Fincheira-Tanxil en Rianxo; medio millón de euros para a musealización da casa Rafael Dieste, tamén en Rianxo; 200 mil para a rexeneración da praia da Corna en Ribeira ou novamente unha partida de 500 mil euros para a rehabilitación do Pazo de Goiáns, en Boiro. Rosana Pérez tamén anunciou que o BNG estará moi atento o que aconteza co proxecto de rexeneración previsto para a zona das Xunqueiras e o Areal, no que se está pendente de resolver as alegacións presentadas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/27/bngorzamentosestado2710141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/27/bngorzamentosestado271014.mp4{/flowplayer}