Escolares de Ribeira achéganse ás linguas europeas a través de ‘O Principiño’

    RIBEIRA> O departamento de Normalización Lingüística de Ribeira conmemorou o Día Europeo das Linguas con varias actividades para escolares. Os alumnos de terceiro do CEIP O grupo realizaron unha visita á biblioteca e ó centro cultural Lustres Rivas, onde tiveron ocasión de mergullarse no fantástico mundo dos idiomas. Off En inglés, francés, alemán e noutras linguas europeas. Os alumnos de terceiro de primaria do CEIP O Grupo tiveron ocasión de achegarse a numerosos idiomas a través das actividades organizadas polo concello de Ribeira para conmemorar o Día Europeo das Linguas. A xornada comezou cunha visita á biblioteca na que puideron achegarse novamente á obra de Carlos Casares a través das portadas das súas publicacións.A continuación, os pequenos tomaron as rendas das actividades coa lectura de diversos fragmentos do Principiño en numerosos idiomas Esta aproximación ás distintas linguas resultou do máis enriquecedora para os cativos que, lonxe de prexuízos, animáronse a falar e a tentar entender linguas que apenas coñecen. A visita rematou cunha visita guiada á exposición colectiva Expresións Diversas que permancerá no centro cultural Lustres Rivas ata o próximo 14 de outubro.