Patrimonio financiará a posta en valor do Castro de Baroña

planespecialcastro_100_140909.jpgPORTO DO SON> A Consellería de Cultura financiará o proxecto de limpeza, acondicionamento e levamantamento topográfico do Castro de Baroña.

{flowplayer}barbanza/planespecialcastro.flv{/flowplayer}

Dende o concello sonense levaban tempo dándolle voltas á necesidade de poñer en marcha un plan de conservación do Castro de Baroña. Así llo trasladaron á Dirección Xeral de Patrimonio que xa ratificou o seu compromiso de financiar os labores de acondicionamento e levantamento topográfico do xacemento arqueolóxico.

O proxecto inclúe ademais a instalación de paneis informativos que teñen por obxectivo concienciar ós cidadáns da importancia do patrimonio, evitando as agresións.

Declaración BIC

Esta actuación é un primeiro paso de cara á aprobación do Plan especial de protección do castro que será unha peza fundamental para a súa declaración como Ben de Interese Cultural.

Centro de interpretación

Durante a xuntanza, abordouse tamén a futura construción do centro de interpretación do castro de Baroña. O director xeral de patrimonio cultural comprometeuse a impulsar o proxecto e instou ó concello a poñer a disposición dos terreos onde se emprazará. Mentres tanto, a consellería de Cultura estudará a posibilidade de poñer en marcha un programa de visitas guiadas ó xacemento.

Redacción Barbanza