O colexio Salustiano Rey Eiras da Pobra celebra o seu corenta aniversario

POBRA> Para festexar tan importante efeméride desenvolveuse un acto ó que foron convidados, ademais das autoridades locais, antigos profes e alumnos do colexio. O colexio Salustiano Rey Eiras celebra este ano o seu corenta aniversario. Con tal motivo, a dirección do centro, en colaboración coa Asociación de Nais e Pais de Alumnos, e a propia concellería de Cultura,  preparou un amplo programa de actividades para conmemorar tal efeméride.  Actividades que se foron desenvolvendo ó longo do presente curso. Aínda así, unha das máis importantes tiña lugar a última hora da tarde de onte ca casa de cultura da localidade e consistiu na presentación dun orixinal caderno viaxeiro no que se gardan diversas anédotas vividas no colexio ó longo destes corenta anos de historia e que foron recollidas de antigos alumnos, país e profesores do centro. Tamén se procedeu á elaboración dunha  exposición que recolle fotografías e outros materias destes corenta anos de historia educativa. Unha mostra que permanecerá aberta ó público  na casa de cultura Raquel Fernández Soler ata o próximo  26 de xuño.