Inicio oficial do novo curso no conservatorio ribeirense

RIBEIRA> O salón de actos do conservatorio municipal de Ribeira acolleu onte pola noite o acto oficial da apertura do novo curso musical no que xa hai matriculados máis de 200 alumnos. A edil de Educación, Mari Carmen Vizcaya, foi a encargada de dar o pistoletazo de saída ás clases. Acompañada do director do conservatorio, Álvaro López, e varios docentes, a concelleira deulle a benvida ós novos alumnos, ós que lles desexou un bo aproveitamento das clases. No acto procedeuse tamén á realización dunha pequena memoria das actividades desenvolvidas ó longo do pasado ano e ó sorteo, mediante o cal, se decidía a orde na que os alumnos serán chamados para elixir os horarios das súas clases individuais de instrumento.